Virus Taï Forest
Taï Forest virus (TAFV) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Taï Forest virus (TAFV) |
O virus Taï Forest ou virus Bosque Taï (Taï Forest virus, TAFV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Taï Forest (Taï Forest ebolavirus) clasificado no xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O TAFV é o único "virus" incluído nesa "especie". Está emparentado co máis común e coñecido virus Ebola (EBOV), e igual ca el pode producir unha febre hemorráxica viral que afecta a primates. O TAFV considérase un axente selecto, un patóxeno do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde que require un nivel de bioseguridade 4, un patóxeno prioritario de categoría A dos Institutos Nacionais da Saúde/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista de axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.
O virus describiuse en 1995 como unha "cepa" do virus Ebola[1][2] e o seu nome procede do Parque Nacional de Taï en Costa do Marfil, onde foi descuberto.
Designacións previas
[editar | editar a fonte]Inicialmente o virus Taï Forest foi introducido como unha nova "cepa" do virus Ebola en 1995.[1] En 2000, recibiu o nome de Cote d'Ivoire Ebola virus [sic] (Côte d'Ivoire é o nome oficial de Costa do Marfil),[3][4] e en 2002 o nome cambiouse a Cote d'Ivoire ebolavirus [sic][5][6] (en ambos os casos escribindo sen acento "Côte"). Outros nomes que circularon na literatura foron os correctamente ortografados Côte d'Ivoire Ebola virus e Côte d'Ivoire ebolavirus, e o termo informal Costa do Marfil Ebola virus e Costa do Marfil ebolavirus (en inglés Ivory Coast ebolavirus). As abreviacións iniciais que se usaron para este virus foron EBOV-CI (para Ebola virus Cote d'Ivoire ou Ebola virus Côte d'Ivoire), EBOV-IC (para Ebola virus Ivory Coast), ICEBOV (para Ivory Coast Ebola virus ou Ivory Coast ebolavirus) e máis recentemente CIEBOV (para Cote d'Ivoire Ebola virus, Côte d'Ivoire Ebola virus, Cote d'Ivoire ebolavirus ou Côte d'Ivoire ebolavirus). O virus recibiu a súa actual designación en 2010, que é Taï Forest virus (virus Taï Forest ou Bosque Taï) coa abreviación oficial TAFV.[2]
Segundo as regras de nomenclatura do ICTV o nome do "virus" non se escribe con cursiva, pero o da "especie" si.
Criterios de inclusión na especie e no virus
[editar | editar a fonte]Un ebolavirus é da especie Taï Forest ebolavirus se cumpre os seguintes criterios:
- É endémico de Costa do Marfil.
- Ten un xenoma con tres solapamentos xénicos (VP35/VP40, GP/VP30, VP24/L).
- Ten unha secuencia xenómica diferente do virus Ebola en ≥30% pero diferente do virus Taï Forest en <30%.
Un virus da especie Taï Forest ebolavirus é ademais un virus Taï Forest (TAFV) se o seu xenoma diverxe do do prototipo Taï Forest virus, Taï Forest virus variante Côte d'Ivoire (TAFV/CI), en ≤10% a nivel de nucleótidos.[2]
Enfermidade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: enfermidade do virus Ebola.
O TAFV é un dos catro ebolavirus que causa a enfermidade do virus Ebola, tamén chamada febre hemorráxica do Ebola en humanos, aínda que afectou principalmente a chimpancés. O TAFV apareceu por primeira e ata agora única vez en 1994 orixinando un gromo de febre hemorráxica epizoótica entre os chimpancés occidentais (Pan troglodytes verus) que vivían nos bosques do Parque Nacional Taï de Costa do Marfil. Morreron moitos chimpancés, e moitos deron positivo para a infección dun ebolavirus distinto dos que xa se coñecían. Unha científica suíza que realizaou alí as necropsias dos chimpancés contraeu tamén o TAFV (único caso humano). Desenvolveu síntomas similares aos do dengue unha semana despois de facer as necropsias e foi evacuada a Suíza, onde se recuperou (o hospital deuna de alta en só dúas semanas e recuperouse totalmente en seis semanas).
Ano | Localización xeográfica | Casos humanos/mortes (taxa de mortalidade) |
1994 | Parque Nacional Taï, Costa do Marfil; Suíza | 1/0 (0%) |
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Non se coñece con seguridade o hóspede reservorio do TAFV, pero sospéitase que poden ser morcegos, igual que ocorre con outros filovirus.[7][8] Os morcegos pasarían os virus a outros monos, e probablemente os chimpancés se contaxiaron ao depredar monos colobos infectados.
Bioloxía molecular
[editar | editar a fonte]O TAFV está practicamente sen caracterizar a nivel molecular, mais crese que as súas características xenéticas e as súas proteínas son similares ás do, mellor coñecido, virus Ebola (EBOV). A súa secuencia e organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura son similares aos dos outros ebolavirus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 le Guenno, B.; Formenty, P.; Wyers, M.; Gounon, P.; Walker, F.; Boesch, C. (1995). "Isolation and partial characterisation of a new strain of Ebola virus". Lancet 345 (8960): 1271–4. PMID 7746057. doi:10.1016/S0140-6736(95)90925-7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kuhn, Jens H.; Becker, Stephan; Ebihara, Hideki; Geisbert, Thomas W.; Johnson, Karl M.; Kawaoka, Yoshihiro; Lipkin, W. Ian; Negredo, Ana I; et al. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–103. PMC 3074192. PMID 21046175. doi:10.1007/s00705-010-0814-x.
- ↑ Netesov, S. V.; Feldmann, H.; Jahrling, P. B.; Klenk, H. D.; Sanchez, A. (2000). "Family Filoviridae". En van Regenmortel, M. H. V.; Fauquet, C. M.; Bishop, D. H. L.; Carstens, E. B.; Estes, M. K.; Lemon, S. M.; Maniloff, J.; Mayo, M. A.; McGeoch, D. J.; Pringle, C. R.; Wickner, R. B. Virus Taxonomy—Seventh Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Academic Press. pp. 539–48. ISBN 0-12-370200-3.
- ↑ Pringle, C. R. (1998). "Virus taxonomy-San Diego 1998". Archives of Virology 143 (7): 1449–59. PMID 9742051. doi:10.1007/s007050050389.
- ↑ Feldmann, H.; Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B.; Klenk, H.-D.; Netesov, S. V.; Peters, C. J.; Sanchez, A.; Swanepoel, R.; Volchkov, V. E. (2005). "Family Filoviridae". En Fauquet, C. M.; Mayo, M. A.; Maniloff, J.; Desselberger, U.; Ball, L. A. Virus Taxonomy—Eighth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Elsevier/Academic Press. pp. 645–653. ISBN 0-12-370200-3.
- ↑ Mayo, M. A. (2002). "ICTV at the Paris ICV: results of the plenary session and the binomial ballot". Archives of Virology 147 (11): 2254–60. doi:10.1007/s007050200052.
- ↑ { Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.
- ↑ Leroy, E. M.; Kumulungui, B.; Pourrut, X.; Rouquet, P.; Hassanin, A.; Yaba, P.; Délicat, A.; Paweska, J. T.; Gonzalez, J. P.; Swanepoel, R. (2005). "Fruit bats as reservoirs of Ebola virus". Nature 438 (7068): 575–576. Bibcode:2005Natur.438..575L. doi:10.1038/438575a. PMID 16319873.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficheiros e discusións do ICTVArquivado 07 de outubro de 2011 en Wayback Machine.